Data de entrega libros Anpa
BACHARELATO Martes 12 DE 19:30 a 20:30
ESO mércores 13 DE 19:00 a 20:00
Blogue da ANPA do I.E.S. Auga da Laxe de Gondomar
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ASOCIADOS
De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o luns 11 de setembro de 2023 ás 18:30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte
ORDE DO DÍA
Lectura e aprobación da acta anterior
Orzamento ano 2023-24
Información de directiva
Renovación xunta directiva
Banco de libros.
Rogos e preguntas
De conformidade co disposto nos vixentes estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Auga da Laxe, convócase a tódolos pais e nais á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no instituto o luns 5 de Xuño de 2023 ás 18:30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 horas en segunda convocatoria, co obxecto de debater a seguinte
ORDE DO DÍA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ANPA AS GAIANDAS
Convócase a tódalas familias socias a asemblea extraordinaria que se celebrará o vindeiro luns 21 de novembro de 2022 as 18,30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 en segunda convocatoria para debatir o seguinte punto
- Modificación do regulamento de banco de libros e votación.
Expoñemos a continuación os paragrafos modificados en vermello:
A petición farase a través da aplicacion de Ampafacil. Tamén haberá posibilidade de facelo presencial, en caso de que haxa problemas para facelo a través da aplicación
Os libros teñen que estar forrados. Aqueles libros que non se forren levarán unha sanción de 2€ por libro.
A perda ou deterioro dun libro terá unha penalizacion de tres veces a cota de libros o primeiro ano de vixencia do manual, dúas veces o segundo ano de vixencia do manual, e a partir de aí o valor da cota do libro. A cota de libros mencionada será a acordada na asemblea mais recente a data de recollida de libros.
As doazóns dos manuais poden ser totalmente gratuítas ou trocar cada doazón (sempre en cando a Anpa precise o manuel doado) por outro libro que precise a familia.
CONCENTRACIÓN DIANTE DO INSTITUTO POLO RECORTE DO PROFESORADO
Este ano volvemos ter recortes no profesorado, que vai a ocasionar que vaiamos ter un diminución da calidade do ensino dos nosos fillos e fillas. Por elo convocamos a tódalas familias a unha concentración diante do instituto o vindeiro luns 05/09/22 as 18:30 horas, previa a asemblea, para manifestar a nosa protesta.
É necesaria a vosa presenza para que entre todos podamos reverter esta situación.